Danza Luz

Danza Luz é o novo proxecto musical de Leticia Rey. Unha mistura musical posible entre o folk e a música clásica.

Danza Luz espectáculo

Entre o teatro, a danza e a música.

O 8 de novembro de 2025 estreábase o espectáculo dentro do ciclo Elas son Artistas no Concello de Sada. En escena, Leticia Rey, voz e danza; Iago Mouriño piano; Benxamín Otero, Corno inglés; Vadim Yukhnevich, acordeón e Estefi Gómez, danza.

Na escenografía temos a Carolina Diguelé, na iluminación Nacho Martín e no son Jose García.

Unha obra para público de todas as idades coas sombras e as luces da vida como protagonistas. Faise un coloquio co público ao rematar a representación.

Danza Luz disco

Editado en outubro de 2025 recolle as composicións de Leticia Rey, e traxectos creados por Benxamín Otero para darlle sentido a todo o disco.

Dispoñibles 3 singles en plataformas dixitais.

Contacto

CONTRATACIÓN | PRENSA : consultas@10d10.net

10d10 management

Tomi Legido +34 677428150

Start typing and press Enter to search